HORARIO PRÉSTAMO LIBROS

TODOS OS MÉRCORES NO 1º E 2º RECREO

NOTA: EN CASO DE SER NECESARIO AMPLIAR OS DÍAS, SERÁ NOTIFICADO POLO WHATSAPP

¡Bienvidos o noso blog!

Na  Anpa Virxe de Guadalupe, esforzamonos en promover a participación activa das familias na educación dos nosos fillos. Aquí encontrarás noticias sobre as nosas actividades, así como consellos para fortalecer a relación entre o instituto e o fogar.

¡¡¡¡RECORDATORIO IMPORTANTE PARA AS FAMILIAS!!!

Queremos recordar que o prazo para a inscrición de socios/as da ANPA, rematará o vindeiro 30 de Setembro.

Podedes facelo a través dos seguintes canles:

     Formulario web/ Inscrición on line:

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSf-lMeNKWc_4NFA8lUQQjQpVvI-ohGoeQn-TPOp4THNTM0DMQ/viewform

     Entrega presencial: Na caixa situada na conserxería ou no local da ANPA en horario 10:10 a 10:30 e 12:10 a 12:30.

Para calquera dúbida ou consulta podedes contactar no correo electrónico anpafelixmuriel@gmail.com ou por WhatsApp no teléfono 672 820 832

 

 

 

 



BIBLIOTECA DA ANPA

Listaxe de libros dispoñibles para os socios

 

IMPORTANTE

Para garantir que os alumnos podan desfrutar da Biblioteca da ANPA, non se prestarán novos libros ós usuarios que teñan entregas pendentes fora de prazo.

 

LIBROS DE TEXTO

 

PRÉSTAMO: A principio de curso, previa inscrición ca solicitude que se recibe por WhatsApp

DEVOLUCIÓN: A final de curso, cando rematen as clases. 

As datas  e os horarios notificaranse polo grupo de difusión

LIBROS DE LECTURA EN CASTELÁN E GALEGO

O noso horario serán todos os mércores no 1º e 2º recreo e deberán devolverse unha vez remate cada trimestre, salvo que se necesite o libro durante todo curso.

Entroido 2026 no IES Félix Muriel

Outro ano mais, a ANPA do IES Félix Muriel de RIanxo, colabora co Instituto para celebrar o Entroido. Festa e concurso de disfraces acompañado da merenda típica destas datas.

COMUNICACIÓN ENTRE  FAMILIAS

O venres 16 de Xaneiro  do 2026 as 18:30 no salón de actos do IES Félix Muriel de Rianxo, haberá unha charla impartida por Juan Permuy sobre a "Comunicación entre familias". Estades todos convidados!!!!

EDUCACIÓN AFECTIVO SEXUAL PARA FAMILIAS

O día 24, coincidindo cos talleres de audiovisuais para os nenos e nenas, haberá unha charla, subvencionada pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia, na que se abordará a "Educación afectivo sexual para familias" na que están convidados todos os pais e nais.

TALLERES AUDIOVISUAIS

Dende o 24 de Novembro e ata o 28 de Novembro acolleremos no IES Félix Muriel uns talleres audiovisuais, promovidos pola Asociación cultural Alberto Romero. Todavía están abertas as inscricións.

 

CURSO 2025/2026 

Comenzamos un novo curso cheo de novas que esperamos sexan ben acollidas

AXUDA MATERIAL ESCOLAR E FONDO DE LIBROS

Dende o día 16 de maio e ata o 26 de xuño queda aberto o prazo para solicitar a axuda de material escolar, libros e fondo solidario de libros de texto para os cursos da ESO.Podese facer a través do enlace que indicamos a continuación ou no centro escolar.

Leer más »

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

A Real Academia Galega acordou dedicar o Día das Letras Galegas 2025 ás cantareiras, personificado en Adolfina e Rosa Casás Rama, de Cerceda, Eva Castiñeira Santos, de Muxía, e Manuela Lema, Teresa García Prieto e Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda, integrantes estas catro das Pandeireteiras de Mens (Malpica). É unha representación colectiva,  ca que se rende homenaxe ás cantareiras para recoller así a  importancia da poesía popular oral, que acompaña a nosa sociedade dende sempre. 

Leer más »

Correlingua

O alumnado de 2⁰ ESO do noso instituto estivo no Correlingua 2025, en Santiago, cantando a Rianxeira e mailo Paxaro Pinto para admiración de turistas, peregrinas e viandantes que enchían as rúas da zona vella compostelá. Alternaron os cánticos co berro de "En Rianxo, en galego!"

Leer más »

DÍA MUNDIAL DO AUTISMO

Este vindeiro día 2 de abril conmemórase o Día Mundial do Autismo . Pasamos información sobre diversas actividades que se van levar a cabo no Concello sobre este tema, nas que están incluidas un par de charlas así como a Andaina Solidaría da Asociación de Transtornos do Espectro Autista do Barbanza - BarbanTEA

Leer más »

NON ME DES MÁIS A CHAPA

Compartimos información sobre as xornadas de debate organizadas pola Federación Provincial de ANPAS, que teñen como obxectivo creart un espazo diseñado para que os xóvenes poidan, falar,debatir e reflexionar sobre temas clave como a saúde mental, o acoso,o consumo e a sexualidade.

Leer más »

8M

Homes e mulleres deberíamos loitar xuntos pola igualdade de oportunidades, porque en definitiva todos somos persoas que loitamos polos nosos dereitos

Leer más »

Entroido no Félix Muriel

Para non perder as nosas  costumes,  durante estas datas celebrouse o entroido no FÉLIX MURIEL. Como anos anteriores, os nosos rapaces e rapazas disfrazaronse para participar nesta celebración, durante a cal se levou a cabo un concurso de coplas polo que a diversión estivo asegurada.

Leer más »

Sobre nós

Somos unha asociación comprometida coa educación e o  benestar dos nosos rapaces. O noso obxectivo é crear un espazo de apoio e colaboración entre as familias e a comunidade escolar. ¡Únete a nosa  comunidade e xuntos marquemos a diferenza!

DIRECTIVA:

Sonia Yáñez Rodríguez  - Presidenta

Noelia Tembra Piñeiro - Vicepresidenta

Rosa María Carou Domínguez - Secretaria

Maira Castaño Moares  - Tesoureira

María Dolores Rial López - Vogal

Inés Mourelos Pérez - Vogal

Isabel Losada Abuín - Vogal

 

Anpa Virxe de Guadalupe 

María Ana Mogas nº1 - Rianxiño

15920 -  Rianxo - A Coruña 

Teléfono: 672820832

anpafelixmuriel@gmail.com